Site icon Crónica3.com A Mariña

O xoves, 7 de agosto, disputarase o VIII TOrneo Maruxaina

A cita deportiva comezará ás 18:00 horas no Campo Municipal da Veiga

Cervo, agosto do 2025. O Campo Municipal da Veiga será o escenario do VIII Torneo Maruxaina, que se celebrará o xoves 7 de agosto nunha intensa xornada de fútbol con catro equipos destacados da comarca.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o presidente do club anfitrión Eduardo Rubal e o director deportivo, Félix Martins nas insatalacións da Veiga.

O evento, organizado polo C.D. San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo, contará con:

C.D. San Ciprián (2ª FUTGAL)
U.D. Xove Lago (1ª FUTGA)
S.D. Burela (Preferente)
C.D. Foz (1ª FUTGAL)

A competición desenvolverase en formato eliminatorio, con dúas semifinais programadas para as 18:00 e 19:00 horas, que enfrontarán ao CD San Ciprián e a UD Xove Lago e o CD Foz e a SD Burela, respectivamente. A loita polo 3º e 4º posto terá lugar ás 20:00 horas e a gran final está prevista para as 21:00 horas.

Este torneo, que xa vai pola súa oitava edición, enmárcase dentro das actividades deportivas e culturais da Festa da Maruxaina, un dos eventos máis emblemáticos do verán cervense.

Dende o Concello de Cervo convidan a veciñanza e visitantes a achegarse ao campo para gozar dunha xornada de fútbol e convivencia, apoiando ao deporte local e reforzando o tecido asociativo do municipio.

Exit mobile version