O xurado do LI Certame Literario do Concello de Vilalba vén de facer público o seu ditame, proclamando como gañadora a obra Nakba, presentada baixo o lema “Coma quen lambe a ferida” e cuxa autora é Patricia Torrado Queiruga
redac
O certame, o máis antigo de Galicia e tamén o mellor dotado economicamente, está recoñecido como unha das grandes citas da creación literaria no país. A gañadora desta edición recibirá un premio de
7.000 euros, ao que se suma a publicación da obra.