Site icon Crónica3.com A Mariña

“Ribadeo avanza”. Grupo Municipal Popular

Cando iniciou esta lexislatura éramos conscientes do que nos íamos atopar, e aínda así, foi moito peor do que esperábamos!! Démonos conta do verdadeiro teatro que se levaba facendo durante moitos anos, que había moito por facer e moitísimo que mellorar.

No tocante ás vías de comunicación non fai falta que nós lles expliquemos ós veciños a necesidade que había e hai de actuar e de mellorar. Ninguén mellor ca eles sabe como se atopan. Unha rede moi deteriorada acompañada dunha nula planificación e moita menos inversión. Había que poñerse “mans á obra” para empezar a dignificar as nosas vías de comunicación. Empezamos reuníndonos cos veciños de cada parroquia para, entre todos, IDENTIFICAR as que peor estaban (mal estaban todas) e pouco a pouco ir investindo. Había moito por facer e tocaba xestionar. Unha boa xestión era moi necesaria. Deseñamos o Plan AVANZA RURAL que é un plan de traballo que impulsa o concello e que se financia por dúas vías. A Xunta de Galicia e o Plan Único da Deputación.

No 2024 investimos 640 mil euros e puidemos investir en moitas das nosas parroquias e por fin lle puxemos solución á estrada da costa que como a carretera da costa no tramo de Vilaselán a Rinlo que estaba absolutamente abandonada, Santalla – Lourido ou Lexoso – Noceda, por fin, unha carretera que comunica as parroquias do interior coas da costa e que non a deron rematada. Pero con iso non chega. Era tal o abandono que neste ano 2025 volvemos acudir a ese Plan Avanza Rural e tocou volver xestionar, incrementándose a inversión en 460 mil euros, 370 mil euros do Plan Único da Deputación e 660 mil euros da Xunta de Galicia. Xa actuamos en tres puntos concretos e vamos empezar en Remourelle e Vilaframil. Estes días sae a licitación o que queda da estrada da costa. O tramo de Rinlo a Meirengos xunto coa variante de Rinlo que comunica co Laberinto e o Camping ata un aparcadoiro.

Nós non nos dedicamos ó teatrillo barato do vitimismo. Nós dedicámonos a traballar. En dous anos o que fixemos foi traballar moi duro, con acertos e tamén con erros, pero traballamos e xunto cos veciños IDENTIFICAMOS as necesidades e os problemas, PLANIFICAMOS, e XESTIONAMOS orzamento para pouco a pouco EXECUTAR ata chegar ó Ribadeo que queremos. Un Ribadeo con futuro.

RIBADEO AVANZA e as nosas infraestruturas avanzan con él.

Exit mobile version