Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo mellorará a marxe galega da ría a través de fondos europeos

Ribadeo, 19 de agosto de 2025. Ribadeo mellorará a marxe galega da ría a través de fondos europeos (Life Fluvial). O investimento, que contempla a repoboación con especies autóctonas, ascende a 800.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos investindo e mellorando todos os espazos verdes. E neste caso, volvemos a xestionar fondos europeos. Somos o concello que mais fondos europeos xestionou. Estamos a falar do Life fluvial, que neste caso vamos captar máis de 800.000 euros de inversión para toda a zona da ría de Ribadeo, nos terreos da marxe galega. Isto vai ter un obxectivo, que é seguir eliminando eucaliptos, especies vexetais exóticas, invasoras, para posteriormente repoboar estes terreos con especies propias do entorno”.

O rexedor dixo que “o Life Fluvial ten un obxectivo, que é a recuperación. Toda esta recuperación medioambiental da enseada da Vilavella, toda a senda peonil de conexión entre As Aceas e o Muíño de Mareas. Nesta segunda fase, Ribadeo captou, como dixen, estes máis de 800.000 euros. Isto, evidentemente, xestiónase nestes anos, pero evidentemente é un traballo feito de anos anteriores, que evidentemente hai que agradecer todo o que se fixo”.

Vega declarou: “nosoutros dende a humildade, profundamente responsables, con inversión, que significa darlle un valor engadido a toda unha zona que estaba degradada, a zona onde era todo un eucaliptal, con plantas invasoras e pouco produtivo, converteuse nun espazo verde, nun pulmón que moitas persoas utilizan para a práctica do deporte e que nós queremos seguir facendo este traballo. Está moi ben facer as cosas, o que hai é que é conservalas e polo tanto estes rebrotes dos eucaliptos hai que ir cortándoos para, pouco a pouco, eliminalos e ir incorporando planta autóctona”.

O rexedor cre que “esta vía verde, este pulmón, con esta inversión vamos seguir mellorándoa un quilómetros e medio máis e o que vamos seguir é tendo ese espazo conservado para seguir captando fondos europeos e seguir nese entorno na marxe galega, e por que non establecer vínculos con Asturias, para facer todo un cinto verde, que é o que deberamos facer”.

E engadiu: “nestes momentos o Concello de Ribadeo sigue un traballo que empezou hai anos con outro goberno, e é de agradecer todo iso que se fixo, captar fondos europeos. E seguimos investindo e mellorando este espazo natural, este pulmón verde, captando máis de 800.000 euros para conservar, mellorar e ampliar todo unha vía verde que é fundamental para a Ribadeo”.

Exit mobile version