A ruta dará comezo ás 11:00 horas desde o Teleclub de Sante, con dúas opcións de percorrido: unha máis curta de 6,04 km e outra longa de 8,36 km, ambas de dificultade media e cunha duración aproximada de 2 horas e media. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo.
Tras o sendeirismo, a partir das 14:30 horas, o polideportivo de Sante converterase no punto de encontro para a gran paellada popular, na que se servirá un menú completo con paella mixta, pan, bebida, sobremesa e café. Os prezos son de 15 € para socios/as da asociación, 20 € para non socios/as e 15 € para as persoas participantes na ruta. A comida estará amenizada polo DJ Marco.
As inscricións poden realizarse ata o 28 de agosto, a través dos teléfonos de Miguel (636 024 263) e Amparo (677 331 980).
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “esta iniciativa é un magnífico exemplo de como unir deporte, tradición e gastronomía para dinamizar a vida das parroquias. Desde o Concello apoiamos con firmeza o traballo das asociacións, que contribúen a fortalecer a convivencia e poñer en valor o noso territorio”.
Desde o Concello e a organización anímase á veciñanza e visitantes a participar desta xornada, pensada para desfrutar do sendeirismo e da boa compañía nun ambiente festivo e participativo.