Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Unganda Sticks. Música para Salvar Vidas’, o xoves 21 de agosto en Mondoñedo

Mondoñedo, 16 de agosto, 2025. Ven de presentarse no Concello de Mondoñedo este concerto que terá lugar o vindeiro xoves 21 de agosto as 20.00 h, no auditorio municipal. O acto de presentación contou con membros da ONG organizadora así como co Alcalde, Manuel Otero e o Concelleiro, Manuel Tapia.

A O.N.G. “Música para salvar vidas” presenta o seu espectáculo “Uganda Sticks”, a historia de Africa dende a danza e a percusión africana a través dunha ollada profunda e moi profesional.

Un espectáculo impactante pola súa precusión e sensibilidade. Unha ocasión de achegarse a Africa desde o corazón duns rapaces que pese ás dificultades da vida triunfan artísticamente con humildade, cercanía, disciplina e constancia

Sen dúbida o publico sairá diferente a como entrou, porque e un espectáculo que toca o corazón e o instinto humano da solidariedade.

Unha gran ocasión para disfrutar en familia.

Entrada anticipada anticipada na paxina web giglon.com e no establecemento O Rincón de Mondoñedo.

Exit mobile version