Unha persoa resultou ferida no incendio dun alpendre na Pastoriza
redac
Sufriu queimaduras e precisou asistencia sanitaria. No interior das instalacións hai herba seca acumulada, así como un vehículo agrícola, e nestes momentos os medios traballan para atallar as lapas. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dos feitos, minutos antes das 13 horas deste luns: vía moito fume no lugar de Cordeiro, na parroquia de Álvare. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES da Pontenova e dos axentes da Garda Civil. Neste intre, os servizos de emerxencias confirmaron que só ardían estas instalacións e traballan para apagar o lume.