Site icon Crónica3.com A Mariña

Unhas cincocentas persoas manifestan “o seu rexeitamento diante da desfeita sanitaria” en Viveiro

Viveiro 7 de agosto de 2025.Unhas cincocentas persoas acudiron hoxe a concentrarse diante do Centro de Saúde de Viveiro para amosar “o seu rexeitamento diante da desfeita sanitaria que está a sufrir a localidade e a comarca en xeral”.

Hoxe no centro de Saúde de Viveiro estaban traballando soamente cinco dos once médic@s que formar a plantilla de medicina de familia. O persoal de enfermería en vacacións tampouco está a ser substituído, “e seguimos cun servizo de pediatría ao cincuenta por cen desde hai anos. A maioresneste centro de saúde se está a absorber os déficits sanitarios dos centros de saúde de Ourol e o Vicedo, con médic@s de familia algúns días. Polo tanto a atención sanitaria non está garantida e o persoal está a ser sometido a sobrecargas e presións asistenciais que poñen en risco a súa saúde”.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña “esiximos á consellería que se poña a traballar nun plan de reforma da Atención Primaria e se deixe de parchear, porque o único que fixo o PP durante dezaseis anos de goberno foi destrozar a sanidade pública, comezando pola suspensión do ambicioso plan de mellora de Atención Primaria que estaba en marcha cando accederon ao goberno”.

Desde o colectivo sanitario sinalan que o resto da comarca tamén está en situación moi crítica e a piques de desmoronarse o sistema, pous non está garantida a asistencia sanitaria no nivel máis básico de saúde, o nivel que sostén o sistema público de sanidade.

Exit mobile version