Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro abre as súas páxinas ao mar: A palabra como porto de encontro

Dobre pregón para inaugurar: a voz adulta de Lucía C. Peña Fernández e a ollada nova de Inés Ben Oroso

Viveiro, 12 de agosto, 2025. A Feira do Libro de Viveiro abriu esta mañá a súa edición cun acto inaugural que tivo como protagonistas dúas voces e dúas miradas. Por un lado, a pregoeira adulta, Lucía C. Peña Fernández, e por outro, a pregoeira infantil e xuvenil, Inés Ben Oroso, que compartiron co público a súa paixón pola lectura. O encontro contou coa presenza institucional do Concello de Viveiro, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia, así como da Federación de Librarías de Galicia, entidade organizadora do evento.

Durante catro xornadas, do martes 12 ao venres 15, a Praza Maior acollerá oito casetas de librarías e editoriais, que ofrecerán ao público unha ampla e variada selección de títulos para todas as idades. A feira converterase nun espazo de encontro entre lectores, autores e profesionais do libro, con actividades que completarán a programación cultural.

Baixo o lema deste ano, “Onde florecen os libros”, Viveiro convida a toda a cidadanía e visitantes a pasear entre páxinas, descubrir novas historias e celebrar a lectura como semente de cultura e liberdade.

Exit mobile version