Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro homenaxeará este sábado a Kiko Rey o día que o estadio de Cantarrana tomará o seu nome

Os actos terán lugar ás seis e media da tarde, trinta minutos antes de que comece o partido entre o Racing de Ferrol e o Real Madrid Castilla

Viveiro, 1 de agosto de 2025. O estadio de Cantarrana pasará a chamarse estadio Kiko Rey. O histórico xogador viveirense recibirá unha homenaxe este sábado 2 de agosto ás 18.30 horas, media hora antes do inicio do partido entre o Racing de Ferrol e o Real Madrid Castilla, correspondente ao Memorial Luís de Carlos.

O recoñecemento chega tras o acordo acadado por unanimidade no Pleno do Concello de Viveiro celebrado o pasado 13 de maio, no que se aprobou pasar a chamar o campo municipal co nome de quen fora un dos futbolistas máis destacados da historia local e que chegou a xogar en Primeira División.

A alcaldesa Mariña Gueimunde subliñou que «Kiko Rey é unha figura moi querida pola veciñanza e cunha traxectoria que levamos no corazón. O seu nome forma parte da identidade futbolística de Viveiro e agora tamén quedará ligado para sempre ao seu estadio».

Exit mobile version