Site icon Crónica3.com A Mariña

Xunta e Concello de Viveiro abordan as posibilidades de desenvolvemento de solo empresarial na zona

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2025. A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, para abordar as posibilidades de desenvolvemento de solo empresarial neste municipio.

No encontro, a directora xeral aproveitou para trasladarlle que a Xunta continúa avanzando na súa estratexia de facilitar o asentamento de novas empresas en Galicia e ampliar as que xa están instaladas. Nesta liña explicoulle que o Executivo autonómico puxo en marcha figuras de creación de solo como é o caso da Zona de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo (Zapes), co obxecto de dar axilidade e facilidade a aqueles proxectos que precisan solo de maneira urxente; e as Zonas industriais rurais (ZIR) pensadas para actividades industriais de menor envergadura localizadas en áreas rurais con necesidades de solo.

Exit mobile version