Site icon Crónica3.com A Mariña

“A Consellería de Sanidade sigue sen dar solución aos problemas na atención primaria en Cervo”, afirma o BNG

“No pleno celebrado este xoves, o Partido Popular xustificou e apoiou a nefasta xestión do Sergas en Cervo e na comarca”

Cervo, 7 de setembro 2025. No pleno celebrado o pasado xoves en Cervo debateuse a situación sanitaria no concello de Cervo “e unha vez máis o Partido Popular botou balóns fóra, defendendo o indefendible e xustificando a precariedade en manteria sanitaria e especialmente na Atención Primaria que desde a Consellería de Sanidade tenen sometido non só a Cervo senón a inmenda maioria dos concellos da Mariña”.

“Que se cubran as ausencias de profesionais de xeito estable todos os días”

Desde o BNG, a súa nova portavoz, Zulema Murado formulou a proposta de “Instar á Xunta de Galiza, Conselleria de Sanidade e Sergas a que en Cervo se cubran de xeito estable durante toda a quenda e todos os días así como a substitución da totalidade das ausencias que produzan estas profesionais por mor de vacacións, baixas ou calquera outro permiso, extendendo esta demanda ao persoal de enfermería. Así mesmo proceder á recuperación do persoal falcultativo e de enfemería para as persoas desprazadas, eliminadas hai uns anos e que cada ano se fan máis necesarias dado o aumento poboacional progresivo cada ano nos meses de verao, e extender este reforzo estival ao persoal administrativo”.

O BNG tén nova portavoz: Zulema Murado e novo concelleiro: David Villares

Neste pleno fíxose efectiva a renuncia do actual portavoz e concelleiro do BNG Diego Fernández por temas persoais, anunciada xa en semanas anteriores. Na portavocia será substituído por Zulema Murado, actual concelleira, e membro tamén da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, e no vindeiro pleno tomará posesion do seu cargo David Villares, que era o número 3 da candidatura do BNG no 2023. Diego Fernández na súa despedida trasladou o seu agradecemento á veciñanza de Cervo, á corporacion municipal, aos traballador@s municipais, á súa familia e ao Bng, ao que seguirá vinculado.

Exit mobile version