
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial e unha actuación musical a cargo do grupo de gaitas Axóuxere de Roupar. A continuación, tivo lugar o tradicional xantar no pavillón municipal e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade. Carmela López subliñou que “máis dun terzo do noso orzamento vai para políticas sociais: para que o Servizo de Axuda do Fogar chegue a quen o precise; para que a Teleasistencia funcione 24 horas ao día, porque a tranquilidade das familias tamén é importante; e para ofrecer residencias públicas no rural, garantindo que ninguén teña que marchar da súa terra para recibir os coidados que merece”.