Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Música municipal de Burela abre o prazo de matrícula para o novo curso

Estará aberto dende hoxe, luns 1 de setembro, ata o día 30 do mes

Burela, 1 de setembro de 2025. O Concello de Burela informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso 2025/2026 na Escola de Música municipal.

O prazo ficará aberto dende hoxe, luns 1 de setembro, e ata o vindeiro día 30 deste mesmo mes. As prazas, dispoñibles para todas as idades a partir de 4 anos e en diferentes instrumentos, son limitadas.

Para matricularse e para obter máis información, a veciñanza poderá chamar ao número 982 580 720, escribir ao correo electrónico escolademusica@burela.org ou acudir á propia escola na súa ubicación en rúa do Cancelo, 1.

O tenente de alcaldesa e concelleiro responsable da Escola, Mario Pillado, anima á veciñanza “a participar neste novo curso aprendendo un novo instrumento ou coñecendo máis sobre esa fermosa arte que é a música”.

“A Escola de Música de Burela ten un papel fundamental na vida cultural da nosa vila, e a seguimos construíndo entre todos e todas un ano máis”, engade o edil.

Exit mobile version