Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Música Municipal de Ortigueira pon en marcha a súa oferta de 10 obradoiros para o curso 2025/2026, cun total de 150 prazas dispoñibles

Ortigueira, 15 de setembro, 2025. A Escola de Música Municipal de Ortigueira pon en marcha a súa oferta de 10 obradoiros para o curso 2025/2026, cun total de 150 prazas dispoñibles

Entre eles destaca o obradoiro de Música e Movemento, pensado para nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que combina creatividade e aprendizaxe musical dunha maneira dinámica e participativa.

Ademais, a programación inclúe obradoiros de pandeireta, tambor, percusións ibéricas e conxuntos tradicionais, tanto para público infantil como para persoas adultas, ampliando así a oferta formativa e de lecer para toda a comunidade.

Prazos e datas importantes

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2025 no Rexistro Xeral ou Rexistro Electrónico do Concello de Ortigueira.

As clases darán comezo o 1 de outubro de 2025 e durante a segunda quincena de setembro haberá xornadas de portas abertas.

As prazas adxudícanse por orde de inscrición e terán prioridade aquelas persoas que se matriculen unicamente nun obradoiro.

Máis información e impresos de matrícula na web do Concello e nos taboleiros da Escola de Música Municipal de Ortigueira.

Exit mobile version