Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil detén en Burela a un veciño de Ribadeo, de 27 anos, como suposto autor de cinco delitos de roubo con forza

Burela, 29 de setembro, 2025. A Garda Civil detivo en Burela a un veciño de Ribadeo, de 27 anos de idade, como suposto autor de cinco delitos de roubo con forza cometidos en establecementos comerciais da localidade burelense.

A persoa detida tiña domicilio activo en Ribadeo, Burela e Avilés.

En todas as ocasións o detido actuaba de maneira similar, fracturando os cristais e outros elementos de entrada aos establecementos comerciais, para a continuación acceder ao seu interior coa finalidade suposta de subtraer a recadación da máquina rexistradora.

Así mesmo, nunha ocasión apropiouse dun aparello electrónico expendedor de tickets por total de preto de 1000 euros e causando danos de diversa consideración.

A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Garda nº 2 de Viveiro, decretando a autoridade xudicial o seu ingreso en centro penal.

Exit mobile version