Impútanselle seis delitos de danos por incendios en vehículos e outro delito de danos nun
establecemento comercial
A investigación policial iniciouse tras ter constancia da comisión de ilícitos por incendio e subtracción de efectos no interior de vehículos na localidade.
Este operativo deu como resultado a detención durante a pasada madrugada do presunto autor, tras sorprendelo “in fraganti” cando acababa de incendiar un turismo estacionado nunha céntrica rúa de Ribadeo e tratar de subtraer efectos do seu interior.
A rápida intervención dos axentes logrou extinguir as lapas que empezaban a propagarse polos asentos do vehículo, e pouco despois lograron deter ao presunto autor, o cal incendiara minutos antes un segundo vehículo no peirao, resultando este último totalmente calcinado, alcanzando as lapas a outros dous vehículos nos que se apreciaron danos de diversa consideración.
A investigación continúa aberta, non descartando que a persoa detida puidese estar implicada noutros feitos delituosos.
As dilixencias policiais foron postas ao dispor xudicial.