Site icon Crónica3.com A Mariña

A III Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía organizada pola Asociación de Veciños de Ribeiras do Lea, en Castro de Rei, celebrarase este sábado

Tamén haberá unha Master Class sobre o prato protagonista da xornada impartida por Alejandro Méndez e Alejandro Ares, membros da Asociación de Cociñeiros de Lugo. Outra das actividades previstas é unha exhibición de cociña e degustación gratuíta de máis de 700 tapas elaboradas con ovo e chourizo. Ademais, ao longo do día haberá actuacións musicais, feira artesanal con varios postos de artesanía alimentaria na que se promocionarán os produtos locais, talleres de oficios artesáns, exhibición de coches clásicos e xogos tradicionais.

Exit mobile version