Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña será este mércores epicentro en Galicia do debate sobre turismo e sostibilidade

A Mariña, 29 de setembro de 2025. A Mariña será o vindeiro 1 de outubro o punto de encontro do debate sobre o turismo e a sostibilidade, un evento impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense co obxectivo de favorecer a reflexión sobre o papel do turismo na sociedade actual.

O I Foro Turismo e Sostibilidade A Mariña Lucense celebrarase na Casa da Cultura do Valadouro e trátase dun evento participativo que nace coa vocación de acoller todos os puntos de vista dos axentes sociais implicados no sector turístico: o público, o privado e a propia cidadanía.

Expertos en turismo e sostibilidade de referencia internacional na xestión de territorios, destinos e empresas compartirán as súas experiencias e analizarán xunto cos participantes o alcance da sostibilidade no sector turístico e a contribución que este sector ten no eido económico, social e cultural.

O encontro, o primeiro destas características que se celebra na Mariña Lucense, busca favorecer a comunicación e intercambio de experiencias cos diferentes axentes do turismo na Mariña e coa poboación local, ao tempo que se analizan as tendencias a nivel global. Trátase, tal como se plantexa desde a Mancomunidade, dunha oportunidade para obter conclusións de cara á xestión sostible do turismo na comarca, achegando clave para abordar retos e desafíos de futuro.

Este foro está dirixido aos perfís de técnicos e profesionais do sector turístico da Mariña Lucense e doutros puntos do territorio galego, pero tamén á cidadanía en xeral, como axente activo no proceso de xerar un turismo máis respectuoso co territorio. Será sen dúbida un espazo enriquecedor para o intercambio de ideas e experiencias coas que avanzar cara un modelo de turismo máis sostible.

A iniciativa enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade da Mariña, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, e que nos últimos anos vén avanzando na execución de diferentes proxectos que teñen como obxecto favorecer o desenvolvemento dun turismo máis integrador, respectuoso e de calidade no territorio.

PROGRAMA

9:00-9:15h: Recepción e acreditación de participantes
9:15-9:30h: Inauguración oficial

BLOQUE 1. É posible un turismo sostible?

9:30-10:05h: David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center.

BLOQUE 2. Perspectivas

10:15-10:50h: A perspectiva do territorio
Alfonso Bertrán, Arquitecto da Fundación RIA
11:00-11:35h: A perspectiva dos destinos turísticos
Nere Aritzoy. Mancomunidad de UrolaKosta (Gipuzkoa)
11:45-12:30h: Pausa café
12:30-13:05h: A perspectiva das empresas
Patricia Dueñas. Experta en sostibilidadee economía circular. Circle Economye Grupo Iberostar
13:05-14:15h: Mesa redonda
13:05-13:20h:É posible un turismo sostible?
Introdución a cargo de Iñaki Gaztelumendi. Consultor estratéxico no sector turístico e asesor de ONU Turismo
13:20-14:15h: Turismo sostible
Modera: Iñaki Gaztelumendi
Interveñen:
– David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico del Basque Culinary Center
– Alfonso Bertrán, arquitecto da Fundación RIA
– Patricia Dueñas, experta en sostibilidade e economía circular
– NereAritzoy, Mancomunidad UrolaKosta
– Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña
– José Manuel Villapol, representante na Mesa de calidade no SICTED da Mariña e xerente do hotel rural Finca Goleta-Foz
– Pepe Peinó, coordinador do programa Mariña Marabillosa
– Carmen Cruzado, presidenta da Federación de Comercio A Mariña

Exit mobile version