O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “a Media Maratón Ribadeo-As Catedrais vai a máis. Nesta décimo primeira edición temos récord de inscritos, contamos con 1.076 corredores e corredoras anotadas para disputar esta proba este sábado, día 13”.
O edil ribadense dixo que “os participantes poderán gozar dunha paisaxe espectacular así como as seus acompañantes. É unha fin de semana importante para Ribadeo e para o seu tecido empresarial porque moitas destas persoas chegadas doutras provincias durmirán, comerán e cearán na nosa vila, prolongando deste xeito a boa tempada que vivimos durante os meses de xullo e agosto”.
Silvent agradece “o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, así como ao resto de firmas colaboradoras con esta cita deportiva”.
A retirada de dorsais será o mesmo sábado de 11:15 a 13:00 horas e de 15:00 a 16:45 horas na Casa do Concello. Estarán a disposición dos participantes os vestiarios do pavillón polideportivo municipal da Avda de Luarca tanto para cambiarse antes da proba como para ducharse unha vez finalizada. Haberá autobuses para trasladar aos atletas desde a praia das Catedrais ata o Concello de Ribadeo en horario de 14:45 a 16:30 horas.
A saída da XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar ás 17:00 horas desde as inmediacións do Pazo de Ibáñez.