Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta apoia a conmemoración do X aniversario da declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto co director de Administración da S.A, do Xacobeo, mantivo unha reunión co presidente da Agrupación dos Camiños do Norte

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto co director de Administración e Relacións coas Asociacións Amigos do Camiño da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, mantiveron unha reunión recentemente co presidente da Agrupación de Camiños do Norte, Valeriano Teja, con quen abordaron distintos proxectos de promoción desta ruta que discorre tamén polas comunidades autónomas de Asturias, Cantabria e País Vasco.

Durante a xuntanza, abordaron a futura conmemoración do X aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade a estes itinerarios que consistirá na celebración dun encontro en cada Comunidade Autónoma sobre unha temática xacobea específica, como cultura, sociedade civil, xestión institucional e tradición relixiosa, entre outras. Neste sentido, Xosé Merelles trasladoulles a intención da Xunta de apoiar esta celebración.

O director de Turismo de Galicia destacou a labor de promoción de cara a favorecer a diversificación das distintas rutas xacobeas e subliñou que no que vai de ano xa foron máis de 18.000 peregrinos os que optaron por percorrer o Camiño do Norte e 24.000 os que se fixeron o Camiño Primitivo.

A entidade engloba a distintas asociacións de amigos do Camiño de Santiago das comunidades galega, asturiana, cántabra e vasca polas que discorren, entre outros, os Camiños do Norte e Primitivo.

Exit mobile version