Site icon Crónica3.com A Mariña

Un total de 360 persoas asistiron este domingo a II Encontro Día do Xubilado, organizado polo Concello de Ribadeo

A cita tivo lugar nunha carpa instalada no peirao, a carón da lonxa. Despois do xantar servido por Catering Serrado houbo a actuación musical do Dúo Ángel América, que moitos dos asistentes aproveitaron para bailar. O II Encontro Día do Xubilado foi “un bo momento para compartir entre veciñas, veciños e amizades”, indican desde a Área de Benestar Social. O alcalde, Dani Vega, e varias concelleiras do equipo de goberno acompañaron ás xubiladas e xubilados de Ribadeo neste día.

Exit mobile version