A obra, realizada por Dani Caxete, estará dedicada á figura do Cristo da Agonía
O mural será realizado por Dani Caxete, muralista e fotógrafo galego afincado en Madrid, cuxa traxectoria foi recoñecida en varios países. O seu estilo caracterízase pola forza expresiva e a profundidade simbólica e encaixa á perfección co espírito da Semana Santa de Viveiro.
«Este proxecto é unha mostra máis de como tradición e arte poden unirse para reforzar a nosa identidade como pobo», destacou a alcaldesa Mariña Gueimunde, que engadiu que «o mural converterase tamén nun atractivo cultural e turístico que permitirá reflexionar sobre o legado espiritual da nosa cidade».
A intervención non só busca embelecer o espazo urbano, senón tamén poñer en valor as raíces relixiosas e culturais de Viveiro, achegando a tradición ás novas xeracións e manténdoa viva ao longo de todo o ano.