
Burela, 14 de setembro de 2025. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo un encontro de traballo con representantes da Organización de Produtores Pesqueiro (OPP-7) Porto de Burela e de ABSA, entidade que xestiona a lonxa burelesa. Na xuntanza analizaron novas liñas de colaboración que permita reforzar as medidas dirixidas a garantir a remuda xeracional, un dos principais retos aos que se enfronta o conxunto da cadea mar-industria. Nesta liña, a responsable autonómica puxo en valor os esforzos autonómicos neste ámbito, cunha rede de centros de formación marítimo-pesqueira propia dos que saen cada curso decenas de novos profesionais.
Ángeles V. Suárez resaltou tamén a estreita colaboración entre o sector e o Goberno galego con liñas de axuda para a realización de cursos formativos por parte das entidades sectoriais, que son imprescindibles para o embarque das tripulacións. Tamén facilitando a ao alumnado as súas primeiras experiencias prácticas como parte da súa formación nos centros de traballo. Así, destacou a posta en marcha da FP dual nas titulacións pesqueiras, un fito, que permite seguir avanzando nunha mellor capacitación dos futuros profesionais así como facilitar unha áxil incorporación ao mercado laboral.