Deste xeito comezará a programación o venres 3 de outubro, coa XVII Festa dos Callos, acompañados pola Orquestra Capitol e Disco Móbil Conxuro.
Continuará a festa o sábado coa sesión vermú da man do Grupo JB Son e verbena pola noite con JB Son e Disco Móbil Conxuro, rematando o domingo cunha gran sesión vermú prolongada amenizada polo Dúo D’Caché.
Na presentación do cartaz estiveron membros da comisión organizadora pertencentes á Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro: Alejandro Quintas e Rubén e Francisco Sánchez, acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e as concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín.
A comisión agradece a colaboración de toda a veciñanza e tamén dos comercios, empresas e institución que dunha maneira ou doutra colaboraron para levar a cabo un ano máis estas festas do Ramo e aproveitan a ocasión para invitar a veciños e visitantes a desfrutar da boa gastronomía e da boa compañía este fin de semana no Cruceiro, onde contarán tamén cunha gran carpa cubrindo o campo da festa “para que nin o mal tempo poida coa festa”.