Desde que se abriu o prazo o pasado 1 de setembro xa se anotaron case un centenar de palilleiras de distintas provincias galegas, e máis de vinte postos de venda de produtos e de artesanía de Galicia e Asturias. Ata o 30 de setembro poderán seguir inscribíndose; os vendedores e vendedoras só poderán facelo cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es
As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono do Concello: 982592001 ata o 30 de setembro.