As entidades dispoñen de cinco días para presentar a documentación requirida; tras a súa entrega, o Concello procederá á sinatura dos convenios e ao aboamento das axudas
As entidades dispoñen dun prazo máximo de cinco días para entregar a documentación requirida: solicitude de subvención nominativa, orzamento detallado de gastos da actividade a subvencionar (entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2025) e a concreción da actuación dentro do concepto previsto no orzamento. Unha vez recibida esta documentación, o Concello procederá á sinatura dos convenios de colaboración e ao posterior aboamento das achegas correspondentes.
A alcaldesa Mariña Gueimunde subliñou que «estas subvencións nominativas son unha ferramenta fundamental para apoiar o labor das nosas asociacións e clubes deportivos, que realizan un traballo moi importante a nivel social, cultural e deportivo». Engadiu tamén que «desde o Concello queremos facilitarlles os recursos necesarios para que poidan desenvolver as súas actividades e contribuír así ao dinamismo e á cohesión do noso municipio».