Site icon Crónica3.com A Mariña

Activo un incendio en Barreiros, na parroquia de San Xusto de Cabarcos

O lume iniciouse ás 16.14 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2025. A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello lucense de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos.

O lume iniciouse ás 16.14 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 4 axentes, 9 brigadas, 9 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións. O lume obrigou a cortar a A-8 á altura da rotonda da Cruz do Lobo

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Exit mobile version