O concerto terá lugar o próximo 25 de outubro na Casa da Cultura, cunha viaxe musical pola obra que marcou a traxectoria do cantautor
Con este espectáculo, o artista berciano quere render homenaxe a unha obra que marcou o inicio da súa carreira e que se consolidou como referencia na interpretación musical da poesía galega. Prada repasará as cancións coas que abriu camiño hai medio século, convertidas xa en parte da memoria colectiva, e ofrecerá tamén relecturas actuais que amosan a evolución da súa relación co universo poético de Rosalía.
“Despois de máis de tres décadas, Amancio Prada volve a Burela. Estamos moi emocionados con este regreso e convencidos de que será unha cita que ninguén debería perder”, explicou Lina Gómez, concelleira de cultura.
O concerto en Burela enmárcase así nunha xira conmemorativa que celebra non só un aniversario discográfico, senón unha traxectoria vital e artística que fixo da palabra poética o centro da creación musical de Amancio Prada.