Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobada unha axuda da consellería do Mar á Confraría de Pescadores de San Cibrao para a modernización de recursos tecnolóxicos

Cervo, 11 de setembro, 2025. Chega ao abeiro da ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola
que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas polo GALP A Mariña-Ortegal no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 (Expte:
PE155A-2025-00168)

O total subvencionado ascende a 3.111,07€, dos cais o 70% est´cofinanciado pola Union Europea a traves de Fondos FEMPA (2.177,75€) e o 30% a Comunidade Autonoma de Galicia (933,32€)

O Proxecto ten como obxectivo principal a modernización tecnolóxica da Confraría mediante a adquisición de equipos informáticos; unidades de procesamento e almacenamento de datos e periféricos de entrada, así como o software necesario para o funcionamento do sistema, para a mellora da eficacia e da eficiencia do traballo, facendo máis competitiva a
actividade pesqueira e contribuíndo ao desenvolvemento sostible.

O seu obxectivo específico é permitir unha economia azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas

Os resultados esperados son:

1. Aumento das competencias dixitais e ferramentas aplicadas á actividade pe

2. Mellora da xestión administrativa: Búscase axilizar o control e
seguimento das normativas vixentes utilizando software actualizado para
xestionar eficientemente actividades diarias, como rexistros e
contabilidade, reducindo erros humanos.

3. Optimización da comunicación comunicación entre os membros da confraría.

4. Recompilación de datos con miras a unha xestión sustentable da pesca.

5. Promoción da sustentabilidade: Utilizaranse ferramentas informáticas
para monitorear o impacto ambiental das actividades pesqueiras,
asegurando que se realicen de maneira sostible e conforme ás normativas.

6. Facilitación da capacitación: Os membros terán acceso a equipos
modernos e poderán participar en cursos en liña sobre técnicas de pesca,
sustentabilidade e seguridade no mar.

7. Fomento da dixitalización: Introducirase aos membros no uso de
tecnoloxías dixitais.

O Proxecto é de carácter anual (2025)

Exit mobile version