Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas remontan en Zaragoza, conseguindo o primeiro punto da liga fóra da casa (3-3)

Cun 3-0 no marcador ao descanso, o conxunto laranxa logra a remontada durante a segunda parte

Burela, 20 de setembro. Estrea da tempada 25/26 da 2ª División de Fútbol Sala que comeza cun bonito encontro entre dous rivais que se coñecen moi ben as caras. O CD Burela FS viaxou a Zaragoza para enfrontarse ao Wanapix, ás 19.00h desta tarde no pavillón S.XXI, equipo co que os laranxas de David Rial se levan enfrontando en ambas categorías, playoff e incluso nalgunha pretempada, dende que chegou na tempada 2022/2023. Primeira parte para o Wanapix e segunda parte para o Burela, que se foi ao descanso cun 3-0 e logrou remontar durante os últimos 20 minutos cun resultado final 3-3.

Comeza o encontro con dúas ocasións do Burela pero xa no minuto 3 Kike Liao logra o 1-0 tras rematar dende a área un balón que se lle escapa a Starna a pase de Augusto tras unha boa carreira pola banda. Parada espectacular de Starna no minuto 8 salvando un balón que case entra xunto ao pau. O Burela tamén tivo a ocasión nos pés de Jason, repelida por Iván Bernad. No minuto 14 Adri Ortega anota o segundo fusilando a portería nun saque de falta directo. Puido acortar distancias Pitero tras una perda perigosa, pero foi o Wanapix o que volveu a marcar, de novo por medio de Kike Liao, cunha punteira dende a banda esquerda que se colou polo pau corto. Antes do descanso buscou o conxunto galego cambiar o ritmo do partido co xogo de cinco, pero o conxunto aragonés aguantou eses dous últimos minutos indo ao intermedio con tres goles de vantaxe.

Séntalle ben o descanso ao Burela que lle da a volta ao partido nesta segunda parte. Propón o xogo de cinco co porteiro Joao Silva subindo constantemente, o que incomoda aos locales e alenta ao conxunto burelense. Pitero logra acortar distancias aproveitando un rexeite de Iván Bernad tras un forte disparo de Marquinho e posteriormente continúan apretando os de David Rial con outra ocasión de Charly nun man a man co meta aragonés. Tras ocasións de Ortego, Raúl López e Izan chega o punto de inflexión. Brasesco é expulsado por dobre amarela e, cando xusto se remataban os dous minutos de inferioridade, Marquinho logra o 3-2 que anota sen porteiro cun balón ao segundo pau. Nos minutos finais o Burela pon a guinda co xogo de cinco, cun gol de Izan que toca nun defensor dos locais. A minuto e medio do final Marquinho ve a segunda amarela e tamén é expulsado, pero o conxunto aragonés perde a ocasión de levar os tres puntos non logrando materializar o gol, repartíndose os puntos entre dous equipos moi igualados tras un partido frenético.

Ficha Técnica Wanapix 3-3 Burela FS

Wanapix (3): Iván Bernad; Quique Hernando, Brasesco, Kike Liao, Augusto -quinteto inicial-, Raúl López, Adrián Ortego, Óscar Villanueva, Óscar Andreu, Alegre, Richi Felipe, Samuel Freire, Saúl Viñals.

Burela FS (3): Starna; Pitero, Jason, Charly Izan, -quinteto inicial-, Meira, Marqiunho, Alberto e João Silva (P)

Goles: 1-0, min. 3: Kike Liao. 2-0, min. 13: Adrián Ortego. 3-0, min.15: Kike Liao. 3-1, min.25: Pitero. 3-2, min. 36: Marquinho- 3-3, min. 38: Izan.

Árbitros: Cristian Cubero, Jorge Moreno, Richard Darío Álvarez, Nerea Camargo.

Incidencias: Viron a tarxeta amarela, por parte do Wanapix; Augusto e Iván Bernad. Por parte do Burela FS; Charly e David Rial. Dobre amarela e expulsión para Brasesco por parte do Wanapix e Marquinho por parte do Burela FS.

Exit mobile version