Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 19 de outubro segue a campaña do rasca e gaña de Acisa Ribadeo, que repartirá máis de 100.000 premios

Ribadeo, 25 de setembro de 2025. Ata o 19 de outubro Acisa Ribadeo repartirá mais de 100.000 premios na nova edición da campaña Rasca e Gaña deseñada para fomentar as compras no comercio local.

A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “a campaña arrincou o pasado 12 de setembro e prolongarase ata o 19 de outubro. O obxectivo pasa por potenciar as vendas neste período do ano tras o verán e coincidindo coa volta o cole. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo”.

Jesús Pérez, xerente de Acisa, indicou que “con este Rasca e Gaña tamén lle estamos dando as grazas á clientela de todo o ano, que segue confiando en nos e que seguen mercando en Ribadeo, a todas esas persoas que apostan polo noso comercio para facer as súas compras e ás que elixen a hostalería local para as súas celebracións ou para compartir momentos coas amizades”.

Son preto de 80 os locais que están presentes cos seus agasallos no Rasca e Gaña de Acisa Ribadeo. Os rascas están dispoñibles unicamente nos establecementos participantes, que se poden consultar nas redes sociais e web de Acisa.

O Rasca e Gaña está organizado por Acisa Ribadeo e co cofinanciamento da Xunta de Galicia.

Volta ao Cole

Acisa Ribadeo sumouse este ano á campaña Volta ao Cole – Bonos Deputación Lugo, posta en marcha pola Federación Galega de Comercio e a Deputación Provincial de Lugo, unha iniciativa que repartirá un total de 25.000 euros en premios entre a clientela que merque nos comercios de proximidade da provincia.

Ata 30 de setembro todas aquelas persoas que realicen as súas compras no comercio local poderán rexistrar o seu tícket a través da web https://www.bonosdeputacionlugo.com/voltacole para participar no sorteo de 90 tarxetas de 250 euros cada unha, así como dun premio extraordinario de 2.500 euros. O sorteo terá lugar o 2 de outubro de 2025.

Desde a directiva de Acisa animan “a aproveitar os días quedan ata finais de mes para participar nesta Volta ao Cole e poder obter a algún importante premio, que nas datas nas que estamos sempre será moi benvido”.

Exit mobile version