A área de Rural da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo colaborou coa Asociación de Veciños da Augaxosa na organizacion da feira que, ademais do habitual mercado cabalar, contou este ano cunha mostra de animais de razas autoctonas con exemplares de vacas de razas caldela, limiá e vianesa, de ovella e cabra galega e de pita de mos, ademais de postos de alimentación, artesanía e textil e demostracions de cestería e tornería.
As persoas que se achegaron á feira puideron degustar tamen gratuitamente hamburguesas de poldro de Pura Raza Galega dentro do programa de promoción de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto da área de Rural da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo.