
Andrea Azkune Arteche e Adriá Puig Martínez lograron os primeiros postos nas probas de obstáculos senior masculina e feminina, que se disputaron pola mañá. O deputado de Mocidade e concelleiro de Participación e Dinamización Veciñal achegouse ao circuíto instalado en San Bartolo, que reuniu combinados autonómicos de 10 comunidades. A actividade deportiva continúa esta tarde coa celebración das probas de laser run e mañá coa Valkiria Race na que se agardan arredor de 400 deportistas.