Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros reuniu numeroso público para a saída e chegada da Volta a Galicia, que disputou a súa terceira etapa este sábado na Mariña

Barreiros, 14 de setembro, 2025. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García, acompañados polo tenente alcalde de Barreiros Antonio Veiga e pola concelleira de Educación, Igualdade e Saúde Pública Montse Porteiro, entregaron os premios da terceira etapa da Volta a Galicia, na que proclamou campión o estadounidense Jesse Maris.

O corredor do equipo leonés Technosylva Maglia Rower Bembibre foi o máis rápido en completar o percorrido de 147 quilómetros, con saída e meta en San Cosme de Barreiros, onde se concentrou numeroso público para seguir o inicio e a chegada da carreira, que contou coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros. O pelotón, con 120 corredores das categorías Sub23 e Elite, pasou tamén polos concellos de Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada.

Exit mobile version