A praza da Pulida será escenario, desde as 12:30 horas, de ata catro talleres para a mocidade do municipio
A programación arrincará na praza da Pulida ás 12:30 horas co taller de tattoo, dirixido a mozos a partir de 12 anos. A participación nesta actividade require inscrición previa, enviando os datos ao correo electrónico laura.garcia@concellodecarino.gal. O número de prazas é limitado a un máximo de 12.
Xa pola tarde, a partir das 17:30 horas, os nenos e nenas maiores de 9 anos poderán gozar de tres propostas: un taller de skatepark, un espazo de cap paint e unha sesión de rap.
Con esta programación, o goberno local aposta por ofrecer á mocidade unha xornada de diversión, combinando a promoción das artes urbanas co impulso do galego como lingua de creación e expresión cultural.