Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a Romaría de Santa Eufemia de Trasbar, Cervo

Cervo, 16 de setembro, 2025. O Concello de Cervo convida a participar na Romaría de Santa Eufemia de Trasbar, que se celebrará durante toda esta semana organizada pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar coa colaboración do propio Concello. A cita, que arrinca mañá martes 16 de setembro, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por representantes da asociación de veciños.

O martes 16, ás 12:00 horas, terá lugar a misa solemne en honra a Santa Eufemia.

O venres 19, ás 22:30 horas, dará comezo a festa coa Disco Móbil Conxuro.

O sábado 20, ás 13:00 horas, celebrarase a misa solemne e procesión na honra a Santa Eufemia, seguida da sesión vermú co grupo Alaska, que repetirá pola noite na gran verbena a partir das 22:30 horas xunto coa Disco Móbil Conxuro.

O domingo 21, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne e procesión na honra da Virxe do Carme e San Antonio, continuando coa sesión vermú a cargo do dúo Son de Festa, e ás 20:00 horas será a misa solemne na Capela de Arriba.

O Concello de Cervo anima a todos os veciños e visitantes a gozar destas Grandes Festas de Trasbar.

Exit mobile version