O alcalde de Trabada, Rubén García, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, visitaron o inicio dos traballos, que permitirán renovar unha vía de comunicación compartida entre ambos municipios e que resulta clave para o día a día da veciñanza.
Rubén García destacou que “a colaboración cos concellos veciños permítenos mellorar servizos comúns e avanzar cara a un rural máis conectado e funcional. Este proxecto é un exemplo do bo entendemento institucional e de como a suma de esforzos dá froitos en beneficio da cidadanía”.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, subliñou tamén a importancia da cooperación: “esta actuación responde a unha necesidade real e demostra que a cooperación entre concellos é o mellor camiño para conseguir investimentos que doutro xeito serían máis difíciles de acadar”.
Con esta obra, os Concellos de Trabada e Barreiros seguen dando pasos firmes para mellorar a vida cotiá da veciñanza, apostando por infraestruturas que conectan parroquias, fortalecen relacións e aseguran un rural vivo e con futuro.