“Un novo proxecto de adecuación dos espazos públicos no casco urbano, recuperando o protagonismo para as persoas e mellorando a accesibilidade”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco
Esta ampliación dos espazos naturais de sombra e a dotación de zonas de descanso considérase “estratéxica, xa que na actualidade a rúa conta con tramos de varios centos de metros, incluso con pendente, sen espazos de descanso á sombra, o que xera barreiras de accesibilidade a moitos veciños e veciñas”, afirma a alcaldesa, Marta Rouco, que visitou as obras co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández.
O estado actual mellorará cunha serie de actuacións que incluirán “a colocación de cuatro depósitos de recollida de auga e un muro perimetral de suxeición en cada plataforma, a creación de zonas elevadas con céspede, a plantación de catorce árbores e a colocación de sete bancos de madeira para o descanso na superficie central das plataformas”, engade Luis Fernández.
O proxecto conta cun orzamento de 45.888 euros e o 80% será subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, “a través dunha liña de axudas de concorrencia non competitiva á que presentamos o proxecto en tempo e forma para poder conseguir a achega”, sostén a alcaldesa.
“Esta actuación é un novo proxecto de adecuación dos espazos público no casco urbano, dentro da nosa aposta para recuperar o protagonismo para as persoas e mellorar a accesibilidade”, remata Marta Rouco.