Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou a actividade formativa de Acisa Ribadeo co curso de escaparatismo impartido este luns

Ribadeo, 16 de setembro de 2025. Comezou a actividade formativa de Acisa Ribadeo co curso de escaparatismo impartido na tarde de onte na Aula da Casa da Cultura (rúa Viejo Pancho). Este curso desenvólvese en tres sesións. As seguintes serán os días 29 de setembro e 13 de outubro entre as 18:00 e as 20:30 horas. As asistentes escoitaron con moita atención todas as explicacións e recomendacións realizadas por Tamara Casabella, de Academia A Mariña, para facer os escaparates máis atractivos, tanto os físicos como a presenza das tendas nas redes sociais. Na sesión de onte tamén houbo un tempo dedicado á creatividade.

Os días 22 de setembro e 6 de outubro terá lugar o curso de empaquetado co mesmo horario, de 18:00 a 20:30 horas. Ambas formacións, moi demandadas entre os negocios asociados, son gratuítas.

E ata o 19 de setembro está aberta a inscrición na Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo para asistir ao curso de inglés específico para persoal de comercio e hostalaría, que se desenvolverá de setembro a maio. As sesións terán lugar os venres de 9:30 a 10:30 horas. Contará con prácticas orais, apoio en aula virtual e a participación dun auxiliar de conversa nativo. O custe é de 45 € máis 35 € de apertura de expediente para as persoas que nunca estiveran matriculadas na EOI. Máis información na páxina web da EOI de Ribadeo, no correo eoi.ribadeo@edu.xunta.gal ou no seguinte número de teléfono 982 129 657.

Desde a directiva de Acisa animan “a aproveitar esta oportunidade co obxectivo de mellorar a calidade dos servizos que se prestan desde as empresas locais. Poder comunicarse en inglés é moi importante, xa que o turismo internacional segue medrando en Ribadeo e en toda a contorna”.

Exit mobile version