
O Valadouro, 18 de setembro, 2025. Este mércores tivo lugar a presentación do II Torneo de Fútbol 8 do Concello do Valadouro co presenza de Manuel Otero, Xefe de Servizo Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, representando ao concello o Alcalde José Manuel Lamela e a Concelleira de Deportes, Ana Rubal e finalmente a directiva do clube local do val ACD Río Ouro.
Este torneo desenvólvese esta fin de semana, sábado 20 e domingo 21 de setembro nas instalacións do Campo do Árbol de Ferreira do Valadouro.
Esta competición de fútbol base espera seguir sendo un referente na bisbarra e en Galicia contando con 42 equipos de 3 categorías distintas, en total, máis de 400 nen@s de equipos de Galicia e Asturias.