Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta pasada fin de semana impartiuse un curso de alimentación e nutrición apícola en Xove da man do veterinario Javier Fontaiña, da Casa do Mel de Goente

Durante 10 horas combinou parte teórica e práctica. Na teoría trataron conceptos básicos, formación e materias primas en apicultura e fabricación de alimento; e na práctica elaboraron in situ, cos ingredientes necesarios, alimento para as abellas. O obxectivo era amosarlle aos apicultores e aos afeccionados a identificar os distintos tipos de alimentos que utilizar na alimentación das abellas así como a analizar os beneficios que poden conseguir no manexo da colmea grazas a unha correcta alimentación. Na presentación estivo presente o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, quen agradeceu a asistencia de todo o alumnado, a disponibilidade e atención da Casa do Mel e o financiamento das distintas institucións para que este curso se levase a cabo en Xove.

Exit mobile version