
Reuníronse expositores de amarinha.gal e asistentes, expoñéndo os conceptos básicos da algoritmia, o seu uso en función do control dos intercambios dixitais e os servicios á sociedade, e da contralgoritmia en función de manter unha independencia da sociedade e o individuo cara ó futuro, e relacionándoo con temas como a contracultura ou a redución do mundo de cada persoa a unha cerrada aldea dixital. Tamén foron presentados algúns instrumentos-programas para evitar a recomendación algorítmica das empresas que controlan as redes sociais. En pouco máis dun mes terá lugar o próximo evento do ciclo ‘Soberanía Dixital’, “Solarpunk: Taller de futuros optimistas”.