Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves abre o prazo para inscribirse no taller de manualidades de Alfoz

Alfoz, 23 de setembro de 2025. O Concello de Alfoz informa á veciñanza que a partir do 25 de setembro e ata o 1 de outubro permanecerá aberto o prazo para inscribirse no taller de manualidades, que se desenvolverá dende o 6 de outubro ata xuño na OMIX da Casa da Cultura os luns de 16:30 a 19 horas.

Este taller está dirixido a todas aquelas persoas adultas que desexen explorar a súa creatividade e aprender novas técnicas artesanais nun ambiente ameno e colaborativo.
O taller incluirá actividades diversas, adaptadas a diferentes niveis de habilidade, co obxectivo de fomentar a expresión artística e a socialización entre os participantes.

“A iniciativa forma parte da dedicación do Concello de Alfoz por promover o benestar da súa cidadanía, proporcionando espazos de aprendizaxe e convivencia que contribúan ao desenvolvemento persoal e á cohesión veciñal” apuntan dende o consistorio.

As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición dentro do prazo establecido. Para máis información e inscricións, poden dirixirse ás oficinas do Concello.

Exit mobile version