A primeira mesa de recollida estará instalada diante do Centro de Saúde ás 11:30, coincidindo coa concentración quincenal que convoca a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña
“A asistencia sanitario non estivo nin está garantida”
Afirman desde a Plataforma que tal como puideron comprobar os veciños e veciñas, a asistencia sanitaria este verao non estivo garantida na Mariña, que era o que afirmaban desde o Sergas e desde a Conselleria de Sanidade a principios do mes de xullo, ante alcaldes do Partido Popular da zona.
O non cubrírense de xeito estable as ausencias do persoal falcultativo de familia e pediatría supón deixar unha poboación avellentada, con moita dispersión xeográfica e con dificultades para o desprazamento en moitos casos, sen medico/ a de familia e supón tamén agardas para a atención médica, para renovación de baixas ou receitas de máis de quince ou vinte días , chegando a darse agardas de trinta e seis días.
Estas ausencias de persoal facultativo provocan tamén un déficit de atención á maioría das modalidades da asistencia sanitaria ( demanda,urxencias, domicilios), xa que habitualmente a substitución é con axenda pechada.
“O PAC, que ademáis de Viveiro acolle a Ourol e O Vicedo, resíntese”
A sobrecarga do resto de profesionais que asumen a sobrecarga e colapso dos servizos de urxencias e PAC, que tamén son utilizados polos concellos de Ourol e Vicedo ( de xeito habitual e tamén cando os derivan por falta de médicas/os nos seus centros de saúde) é outra das consecuencias da non cobertura das ausencias de médic@s, que provocan así mesmo moitas dificultades para establecer unha comunicación terapeútica óptima, nun clima de confianza e atención incompleta ao seguimento e control de procesos crónicos así como unha merma no control dos factores que inciden no desenvolvemento das enfermidades( físicos, psicolóxicos, emocionais, sociais ), impedindo que se acade unha asistencia sanitaria de calidade, de proximidade e equitativa.
É evidente pois, afirman Montse Porteiro e Samuel Bouza, que a atención sanitaria non está garantida, nin estivo garantida durante o verao, pois as especialidades de familia e pediatría siguen nunha precaria situación, e por eso convidamos a toda a veciñanza de Viveiro e comarca a asistir á concentración e participar na recollida de sinaturas, que se empeza mañá diante do Centro de Saúde pero que se desenvolverá durante varias semanas e na que participarán tamén diversos colectivos sociais.