Site icon Crónica3.com A Mariña

Falece un traballador en Riotorto tras ser alcanzado por unha procesadora forestal

Riotorto, 4 Setembro, 2025. Foi un compañeiro do falecido quen contactou co 112 Galicia para informar do accidente.

Ás 11:30 horas, os xestores de emerxencias recibían a chamada dun particular sobre un accidente laboral ocorrido no Lugar A Ermida, en Espasande de Baixo, nunha zona de difícil acceso. Segundo explicou, o seu compañeiro fora alcanzado pola procesadora forestal e, aínda que non estaba atrapado, sinalou que podería estar falecido.

De inmediato, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de A Pontenova, á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Á súa chegada, os profesionais só puideron confirmar o falecemento do traballador.

Exit mobile version