Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio organiza unha visita aberta este xoves ás escavacións de Santo Estevo do Ermo

A Mariña, 17 de setembro de 2025. Mariña Patrimonio convida a todas as persoas interesadas a participar no acto público de presentación das escavacións arqueolóxicas que se están a realizar en Santo Estevo do Ermo.

A cita será o xoves 18 de setembro, ás 5 da tarde, en Santo Estevo do Ermo (Barreiros). Durante a visita, os arqueólogos responsables da intervención explicarán o traballo realizado estes días e amosarán os principais achados.

Con este encontro preténdese compartir cos asistentes os avances da investigación e destacar a importancia de Santo Estevo polo seu valor patrimonial e arqueolóxico.

A intervención arqueolóxica está promovida por Mariña Patrimonio, co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Barreiros. Tamén participan a Eira da Xoana – ADEGA e a Irmandade de Santo Estevo do Ermo.

Exit mobile version