Site icon Crónica3.com A Mariña

As obras de mellora no colexio Gregorio Sanz de Ribadeo, que comezarán nuns días, inclúen a construción do peche perimetral con material reciclado, un proxecto único en Galicia

Ribadeo, 12 de setembro de 2025. Nuns días comezarán as obras de mellora no colexio Gregorio Sanz. A construción do peche perimetral, con material reciclado, é un proxecto único en Galicia.

O alcalde, Dani Vega, indicou que “hoxe visítanos o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para explicar as novas inversións que darán comezo nos próximos días tanto o peche perimetral como o plan de humanización. Más de 400.000 euros de inversión en total, plan de humanización, que primeiro fixemos un traballo de desmeste e de conservación de todo o entorno, e agora o plan de humanización o que quere é plantar árbores autóctonas e tamén e novo equipamento para que as nenas e os nenos xoguen no colexio”.

O rexedor lembrou que “é un plan que xa vimos definindo e trazando durante estes anos. Agora xestionamos o orzamento, licitouse, adxudicouse e comezan as obras. E tamén así no peche perimetral. Era fundamental investir, non é un tema que xurdira novo, leva moitos anos abandonado e tiñamos que xestionar un orzamento, e evidentemente licitar e agora adxudicouse e vamos comezar as obras en días próximos”.

Vega subliñou que “son 400.000 euros de inversión que hoxe Román Rodríguez, o conselleiro de Educación, ven explicar ao colexio Gregorio Sanz. E quero agradecer o traballo tanto á dirección nestes momentos, como á dirección naquel momento, e a todo o profesorado, a todas as nais e pais que reivindicaron constantemente melloras no colexio e tamén agradecer evidentemente á Consellería e concretamente a Román Rodríguez, o conselleiro, que todas as peticións que facemos dende este Concello son escoitadas. Destacar que o peche perimetral é único en Galicia, é feito de material reciclado, é un proxecto que propuxo o Concello de Ribadeo, tamén é moi novidoso un peche perimetral único en Galicia, un proxecto piloto que evidentemente vaise estender polos colexios de toda Galicia”.

E engadiu: “Ribadeo volve innovar, Ribadeo volve propoñer e Ribadeo segue avanzando cunha xestión permanente e continua”.

Exit mobile version