Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo terá lugar o Día do Pemento na praza de abastos de Ribadeo

Ribadeo, 25 de setembro de 2025. O 28 de setembro terá lugar o día do pemento na praza de abastos de Ribadeo. A cita enmárcase no Mercados dos Domingos e na Gastropraza.

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, explicou que “este domingo, dia 28 de setembro, terá lugar no Mercado dos Domingos unha xornada na que o pemento será o protagonista, un produto que nesta zona non pode faltar na nosa cociña. Será unha xornada moi animada, moi entretida, posto que ao xa concorrido Mercado dos Domingos unirase a Gastropraza, o proxecto que o Concello de Ribadeo leva meses desenvolvendo con gran participación da man da Asociación de Cociñeiros de Lugo para potenciar e promocionar a nosa praza de abastos”.

A edil ribadense contou que “nesta ocasión haberá unha elaboración e degustación de receitas con pementos, que dará comezo as 11 da mañá e que poderán disfrutar todas as persoas que alí asistan ao mesmo tempo tamén que aprenden novas receitas e trucos para cociñar este alimento”.

Saiz subliñou que “con esta actividade queremos achegar ao público a calidade dos nosos produtos de proximidade facéndollos chegar, como nesta ocasión, desde a terra ao prato. Tras a degustación poderemos disfrutar da música de Pantera Rosa, que comezará arredor das 12.30 horas do mediodía e que animará a contorna da praza de abastos, potenciando tamén a afluencia ao Mercado dos Domingos, unha cita que xa conta cada semana con gran expectación. Animámosvos a acudir e a disfrutar destes produtos de calidade que nos ofrecen os nosos produtores e produtoras”.

Exit mobile version