“Nótase ben que o empezan a asfixiar a falta de remanentes e a mala xestión e que non pode facer fronte aos compromisos do Concello. Dedicouse a atacar ao noso grupo a pesar de anunciarlle que iamos votar a favor nalgunha das mocións que eles presentaban como a de solicitar un novo acceso a Ribadeo desde a A-8 (ampliada e mellorada cunha proposta do BNG para mellorar o firme da autovía e a seguridade no paso peoníl na Ponte dos Santos co arranxo da varanda e dos elementos de protección), ou na moción relacionada coa renovación da tubaxe de abastecemento de auga”.
“É moi preocupante ver como un alcalde se agocha nas mentiras para defenderse ou ver como fai declaracións nas que queda patente que non ten nin coñecementos nin capacidade en materia económica. Incluso chegou a afirmar que non pode empregar os remanentes por que non lle deixan, cando o problema real é que Ribadeo xa non ten remanentes para facer inversións porque leva dous anos despilfarrando os aforros acadados”.
“Noutra moción tratamos a situación actual de Alcoa e propuxemos un acordo para solicitar ao Goberno do Estado unha serie de accións concertadas co comité de empresa para garantir o futuro do emprego nesta planta industrial. Un acordo que foi aprobado pola unanimidade da corporación”, rematan.